A Coruña nuevo pantalán

Novo terminal marítimo no Porto Exterior

As instalacións portuarias situadas en Punta Langosteira (Arteixo) permítennos operar o cru e os produtos sólidos do noso complexo industrial que supoñen actualmente máis do 60% dos tráficos portuarios da Coruña.

O novo terminal marítimo conta cun pantalán para a atracada de buques de ata 200.000 toneladas e está unido á refinería a través dun poliduto con 11 tubaxes e unha lonxitude de 3,8 quilómetros.

O proxecto de traslado da actividade portuaria do noso complexo industrial ao Porto Exterior de Punta Langosteira (Arteixo) supuxo un investimento de máis de 126 millóns de euros.

En outubro de 2013, reafirmando o compromiso coa nosa contorna, asinamos o acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña para o traslado gradual das operacións de sólidos e cru a Langosteira.

Entre 2015 e 2017 completamos os graneis sólidos (xofre e coque). O pasado ano 2023 estas mercadorías supuxeron un movemento de preto de 300.000 toneladas en Langosteira. A estiba leva a cabo a través da empresa Pérez Torres Marítima S.L., que conta cunha cargadora en circuíto pechado de case 40 metros que a estibadora deseñou e mandou construír especificamente para operar no Porto exterior.

En 2023 completamos o acordo asinado co traslado das operacións de cru que comeza coa inauguración do novo terminal marítimo

Ademais de permitir o traslado de operacións desde o porto interior, estas novas instalacións loxísticas en Punta Langosteira serán necesarias neste futuro de transformación en polo multienergético descarbonizado, para a xestión dos novos produtos e permitirán tamén dar soporte a novos tráficos de materias primas. Axudando, deste xeito, á creación do hub de enerxías renovables que supón o A Coruña Green Port, iniciativa impulsada pola Autoridade Portuaria que apoia Repsol.

Tras o cumprimento ao acordo subscrito coa Autoridade Portuaria da Coruña para o traslado das operacións de tráficos de sólidos e de cru en Langosteira, estamos a traballar na segunda fase para completar o traslado do resto de tráficos ao Porto Exterior desde o porto interior coruñés, onde a concesión finaliza en decembro de 2027.

O noso terminal marítimo cumpre o seu primeiro ano de actividade

En marzo de 2023 inauguramos o noso novo terminal marítimo no Porto Exterior que inicia a súa actividade coa chegada do buque noruegués Front Ocelot.

Desde entón e no seu primeiro ano en servizo o pantalán de Punta Langosteira recibiu a 50 buques e permitiunos operar 3 millóns de toneladas de cru.

Datos do proxecto de traslado

IMA_PE_Infografia

Os bloques do novo terminal marítimo

O novo pantalán ten unha lonxitude total de 520 metros e unha fronte de atracada que permite a operación de descarga de cru con buques de ata 200.000 TPM (tonelada peso morto) e 300 metros de eslora. 

A infraestrutura mariña foi o primeiro bloque de obra civil finalizada e contou cun orzamento de 35 millóns de euros

Posúe tres instalacións para seguridade, subestación eléctrica, sala de control e está dotado con sistemas de brazos de descarga de cru, contraincendios, atracada, pasarelas de acceso, así como liñas de transporte de produto. 

Traballaron na súa construción máis de 40 empresas ás que hai que sumar as participantes na dotación de equipos e instalacións do pantalán. 

Con 32 metros de profundidade mariña, na súa construción utilizáronse 15.000 m3 de formigón armado e 4.513 toneladas de armadura de aceiro.

A entrada do pantalán dispón dunha galería de protección de formigón armado, de 86 metros de largo, 10,5 de alto e 9,8 de ancho.

O segundo bloque das instalacións contou cun investimento para a súa construción de 80 millóns de euros.

Trátase do poliduto e as instalacións auxiliares situadas na parte terrestre portuaria e que están conformadas por: os edificios, subestacións eléctricas e instalacións de tubaxe, así como polo sistema de bombeo e regulación para o envío do cru desde o Porto Exterior á refinería.

O poliduto ten unha lonxitude de 3,8 quilómetros e discorre polos municipios da Coruña e, en mayor medida, de Arteixo. Conta con once tubaxes soterradas de entre 6’’ e 24’’ de diámetro: dous delas destínanse ao transporte de cru entre a refinería e o seu novo terminal marítimo no Porto Exterior, unha terceira leva trasfega de augas e as oito tubaxes restantes serán para o transporte posterior doutros produtos.

Pola súa banda, as instalacións auxiliares constan dun sistema de bombeo con bombas booster, que permiten a trasfega do cru descargado e regulación para o seu envío desde o porto á refinería. Este centro de bombeo é o destino das dúas liñas de cru e unha liña de trasfega. As tres con 3,4 km de lonxitude que conectan dos brazos de carga do pantalán.

As instalacións do centro de bombeo inclúen ademais edificacións para control de acceso, vestuarios, subestación eléctrica, oficinas, sala de control e de racks. Ademais de contar con sistemas de detección térmica e equipos de seguridade, que inclúen hidrantes, así como depósito de espumógeno de 1.000 litros.

As modificacións na refinería permiten conectar as instalacións existentes no complexo industrial co novo poliduto.

Para o desenvolvemento deste bloque do proxecto, investiuse 7 millóns de euros e contouse coa participación de vinte e cinco empresas.

As actuacións incluíron a construción de racks de tubaxes e estruturas metálicas, unha nova caseta con equipos de instrumentación, un novo sistema de bombeo, tendido de liñas eléctricas e telemáticas con fibra óptica, así como a transformación de sistemas e instalación de equipos de seguridade.

Neste bloque tamén se realizou a conexión entre as liñas enterradas do poliduto e o interior da refinería, que nesta parte son aéreas, soportadas no seu maior parte sobre estruturas metálicas.

As dúas novas liñas de cru e a liña de augas atópanse equipadas con dúas trampas de rascadores, situadas en ambos os extremos da tubaxe (zona porto e zona refinería), co fin de permitir a inspección periódica das mesmas. Estas trampas permiten ademais o desprazamento do produto en caso de ter que realizar traballos de mantemento das liñas.

A inspección das liñas (tubaxes) realízase mediante equipos robóticos, “pigs intelixentes” que se desprazan ao longo de todo o percorrido de liña avaliando o estado da mesma en todo o seu trazado.

A Coruña Plan de Restauración

Conservación ambiental e arqueolóxica

A seguridade, o respecto ao medio ambiente e a protección cultural foron os eixos de actuación da obra do poliducto, que discorre por terreos despoblados, con trazado subterráneo e restitución da vexetación.

Os traballos permitiron a restauración dos petróglifos situados na traza e que se realizou cumprindo o Plan de conservación dos petróglifos de Nostián aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.