Ámbito deportivo

O noso apoio ás actividades deportivas non só se debe ao contrastado efecto positivo que ten sobre a saúde dos cidadáns da nosa contorna, tamén é consecuencia do noso convencemento de que o deporte é unha das manifestacións máis destacábeis do espírito de superación que nos move como Compañía e que nos fai avanzar como sociedade.

Dúas persoas correndo

En Repsol estamos co deporte e traballamos para facer realidade este compromiso.

Participantes de la Carrera Enki

A Refinaría de Repsol na Coruña

Un exemplo deste espírito é a Carreira pola Integración do Proxecto Enki da Fundación Abrente que a Refinaría de Repsol apoia desde os seus inicios no ano 2014.

Tamén achegamos o deporte de elite aos cidadáns con numerosas actuacións como: a visita do Equipo Repsol Honda á Coruña con motivo do 50 aniversario do noso complexo industrial.

Tamén prestamos o noso apoio á cidade da Coruña para a organización da etapa da Tall Ships Race que toca esta cidade galega. Esta regata de grandes veleiros está considerada como unha das grandes citas náuticas do mundo.

Podio do autocros de Arteixo

O Autocros de Arteixo: a aposta polos deportes de motor

A Refinaría patrocina o autocros de Arteixo desde o ano 2012. Con esta colaboración a Refinaría reforza o seu compromiso cos cidadáns da súa contorna máis próxima a través de patrocinios no ámbito deportivo e promove o deporte de motor, ámbito polo que Repsol sente un gran interese.

O autocros de Arteixo é unha organización deportiva creada por un grupo de afeccionados ao automobilismo, e en particular á categoría do cros. Desde a súa formación en 1982 a organización promove anualmente diferentes probas deportivas e cada ano reúne no seu Campionato de España a máis de 5500 persoas.

A historia do autocros en Arteixo empeza en 1982. O circuíto estaba no que agora é o Polígono Industrial de Sabón e a súa corda era de pouco máis de 800 metros.